Escoitar

Actividades en torno o Día Mundial contra a SIDA

Con motivo do día mundial contra a SIDA o museo MARCO organiza os días 1 e 2 de decembro diversas actividades en colaboración con entidades, asociacións e ONG. En 1998, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 1 de decembro como Día Mundial da SIDA. Dende entón, coincidindo con esta data, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

mércores, 30 nov 2011
1322663221sidamuseo.jpg
Este evento brinda a todos os copartícipes, tanto públicos como privados, unha das oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.
Descargar todas as imaxes