Escoitar

Conferencia de Carme Junyent no Verbum

" A diversidade lingüística actual: desafíos e oportunidades" é o título de conferencia que pronunciará o martes 29 de novembro ás 20.00 horas a profesora Carme Junyent no Verbum.Esta charla é unha das actividades propostas como complemento e afondamento na exposición "Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística".

martes, 29 nov 2011
1322562307junyent.jpg
Carme Junyent
O futuro da diversidade lingüística está moi comprometido no horizonte do século XXI. Non obstante, as linguas son unha fonte incuestionable de recompensas e de riqueza e a súa multiplicidade constitúe o trazo máis salientable das sociedades humanas. Dende unha perspectiva ecolingüística, a conferencia da profesora Carme Junyent ten unha dobre finalidade: dar conta do estado da cuestión e contribuír a unha visión crítica sobre a diversidade lingüística do planeta.

Carme Junyent é profesora de Lingüística Xeral na Universitat de Barcelona, onde dirixe o Grup d'Estudi de LLengües Amenaçadas (GELA). É unha das máis acreditadas expertas sobre a diversidade lingüística no mundo e unha gran coñecedora das linguas africanas. As súas achegas ao estudo da diversidade lingüística, á planificación lingüística ou ás linguas en perigo de extinción son moi relevantes. Entre a súa ampla produción científica e académica destacan os seguintes libros:
1986. Les llengües d'Africa. Barcelona, Empúries.
1992. Vida i mort de les llengües. Barcelona, Empúries.
1993. Las lenguas del mundo: una introducción. Barcelona, Octaedro.
1998. Contra la planificació. Una proposta ecolingüística. Barcelona, Empúries.
1999. La diversidad lingüística: didáctica y recorrido de las lenguas del mundo. Barcelona, Octaedro.
2002. La Gimcana de les llengües. Barcelona, Octaedro.
2009. Transferències: la manifestació dels processos extralingüistics en les llengües del món. Barcelona, Eumo.
2010. El libro de las lenguas. Barcelona, Octaedro. (Con Cristina Muncunill).
Descargar todas as imaxes