martes, 29 nov 2011
A pista de xeo volve como cada Nadal. Do 1 de decembro ao 8 de xaneiro, de forma ininterrompida e con horarios adaptados a esta época, Coia recibe unha actividade de lecer tradicional en Vigo dende o ano 2000. Esta iniciativa foi presentada hoxe martes pola organización e o edil municipal, Manel Fernández.
martes, 29 nov 2011
O Verbum acolle os días 29,30 de novembro e 10 de decembro o programa educativo e cultural "NOS" no que se afonda no coñecemento da Xeración Nós por medio dun espectáculo teatral de produción propia do museo.
martes, 29 nov 2011
Os músicos Pablo de Naverán (cello) e Alexander Kandelaki (piano) renderán homenaxe a Franz Liszt no bicentenario do seu nacemento durante un concerto que terá lugar no Auditorio Municipal o mércores 30 de novembro partir das 20.30 horas, con acceso gratuíto. Para poder asistir ao concerto haberá que recoller as invitacións no despacho de billetes a partir das 19:30 horas e até as 19:50 h (máximo de invitacións por persoa: 6).<br />
martes, 29 nov 2011
A profesora da Universidade de Vigo Susana Cruces comentará o libro " La biblia envenenada" de Bárbara Kingsolver durante a sesión dos "Cafés Literarios" que terá lugar o mércores 30 de novembro de 18:00 a 20:00 horas no Centro de Documentación da rúa Joaquín Yáñez 6,2º andar. O club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas está formado por un grupo de persoas animadas polo gusto á lectura.
martes, 29 nov 2011
A Concellería de Igualdade programa este mércores, 30 de novembro, ás 18.30h na Casa das Mulleres o relatorio do Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL II": "Como afrontar a diagnose dunha enfermidade non común", no que colabora a Asociación española contra a Leucodistrofia (Ela-España) e a Asociación galega contra as enfermidades Neuromusculares (ASEM-Galicia).<br />
<br />
<br />
martes, 29 nov 2011
" A diversidade lingüística actual: desafíos e oportunidades" é o título de conferencia que pronunciará o martes 29 de novembro ás 20.00 horas a profesora Carme Junyent no Verbum.Esta charla é unha das actividades propostas como complemento e afondamento na exposición "Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística".