Escoitar

Charla sobre "Como afrontar a diagnose dunha enfermidade non común"

A Concellería de Igualdade programa este mércores, 30 de novembro, ás 18.30h na Casa das Mulleres o relatorio do Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL II": "Como afrontar a diagnose dunha enfermidade non común", no que colabora a Asociación española contra a Leucodistrofia (Ela-España) e a Asociación galega contra as enfermidades Neuromusculares (ASEM-Galicia).<br /> <br /> <br />

martes, 29 nov 2011
1322571805nocumun.jpg
Este ciclo enmarcase nas actuacións do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo (2009-2012) e ten como obxectivo promover a mellora da calidade de vida e saúde integral das mulleres potenciando o seu benestar físico e psíquico en todas as etapas das súas vidas. A participación en todas as actividades deste ciclo será gratuíta e non require inscrición previa.

CASA DAS MULLERES - r/ Romil, 20 - baixo
Descargar todas as imaxes