Escoitar

Caballero eloxia o "magnífico traballo" de Pierre Ianni á fronte de Citroën nunha "etapa moi difícil"

O alcalde de Vigo entrevistouse este xoves co anterior responsable da factoría de Balaídos de PSA na súa despedida, quen foi "capaz de ir mantendo o ritmo de producción e buscarlle un horizonte" á planta, conservando o seu peso dentro do grupo, conseguindo a fabricación de dous novos modelos e coa perspectiva de acoller en Vigo unha furgoneta eléctrica e outro vehículo.

xoves, 1 dec 2011
1322743971ianni.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este xoves a súa "sensación e convicción" de que Pierre Ianni realizou un "magnífico traballo" na dirección da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën nunha "etapa moi difícil" derivada da crise económica internacional.

Tras unha reunión co responsable saínte da planta de Balaídos, Caballero apuntou que Ianni foi "capaz de ir mantendo o ritmo de producción e buscarlle un horizonte" á fábrica, conservando o seu peso específico dentro do grupo e pechando o ensablamento dos modelos M3 e M4 en Balaídos. Ademais, de cara ao futuro, Vigo ten posibilidades de facerse coa fabricación doutro vehículo e dunha furgoneta eléctrica.
Descargar todas as imaxes