Escoitar

O Verbum programa os domingos 4, 11 e 18 de decembro os obradoiros "A alfombra viaxeira"

Para finalizar os obradoiros dominicais deste ano o Verbum ofrece unha viaxe moi especial, unha viaxe en alfombra! da man de Teresa González, premio Xerais de literatura infantil no 2010. Nestas viaxes asistirase á narración das historias máis coñecidas da literatura universal como son: A Odisea, Moby Dick, A Illa do Tesouro, 20.000 Leguas de Viaxe Submarina... Estes obradoiros están destinados aos menores de 5 a 12 anos e familias en horario de 12 a 13 horas.

venres, 2 dec 2011
1322827248obradoirodecembro.jpg
Ademais tamén haberá lugar para narracións de culturas máis afastadas, o que permitirá que a viaxe sexa o máis completa posible polo universo da literatura infantil. Teresa González, na súa persoal adaptación narrada destas historias, estará acompañada ás veces dun músico e outras dun debuxante que, utilizando eses recursos artísticos, acompañarán as historias e axudarán a crear unhas ambientacións moi especiais. Teresa conseguirá analizar as historias e resaltar curiosidades e anécdotas das mesmas e do seu autor de forma que incluso aqueles que xa as coñecen ben seguro que aprenderan novas cousas delas.

O domingo 4 farase a adaptación -para todos os públicos- da Odisea de Homero, con acompañamento musical por parte da arpista Clara Pino.

O domingo 11 poderase escoitar o conto de Moby Dick. Terá acompañamento coa música de Julien Menant, e a presenza dun ilustrador, Jacobo Fernández Serrano, que fará unhas fermosas creacións en vivo baseadas no famoso conto.

Para o domingo 18 estará a alfombra máis viaxeira. Rememorarase historias e pequenas cancións de varios países, con música e canto en directo.

AFORAMENTO LIMITADO A 50 RAPACES E FAMILIAS.
ENTRADA POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA.
PARA NENOS DE 5 A 12 ANOS E FAMILIAS
DE 12.00 A 13.00 HORAS
ENTRADA GRATUÍTA PARA TODOS OS ASISTENTES
Descargar todas as imaxes