Escoitar

Caballero avala a negativa dos técnicos a permitir a construción dun parque eólico na Serra do Galiñeiro

A Xerencia de Urbanismo informou desfavorablemente o proxecto da Xunta de construír un parque eólico na Serra do Galiñeiro, espazo natural situado entre Gondomar, Mos, O Porriño e Vigo. Así o anunciou esta mañá o rexedor quen destacou que a proposta "é un disparate" porque estaba prevista nun espazo natural dotada coa maior protección.

venres, 2 dec 2011
1322836174caballero.JPG
A Xerencia de Urbanismo desta mañá deu conta dun informe negativo sobre un proxecto da Xunta que pretendía construír un parque eólico na Serra do Galiñeiro, espazo natural situado entre Gondomar, Mos, O Porriño e Vigo, polo que calquera actuación prevista na zona require o perceptivo informe do Concello de Vigo, indicou o rexedor, quen avanzou que o informe emitido polos técnicos á "absolutamente desfavorable" porque se trata dun espazo natural dotado coa máxima protección. Explicou que o proxecto, que prevía instalar 13 aeroxeradores na zona, estaba proxectado nun ámbito, como outros espazos sensibles, incluído no Plan Forestal de Galicia polas súas características fisiográficas e paisaxísticas e considerado Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais, segundo o PXOM. Na súa intervención, Caballero cualificou a proposta da Xunta como "un disparate porque determinadas zonas da paisaxe teñen que ter sempre a máxima protección".

A Xerencia de Urbanismo tamén aprobou axudas á rehabilitación por valor de 30.000 euros, ademais de dar conta da concesión de 15 licencias, entre as que se inclúe as demolicións previas para a rehabilitación do edificio que será sede dos Rexistros da Propiedade e que contarán cun investimento total de máis de 800.000 euros.

Vente cos Reis
O alcalde anunciou, asimesmo, que a Xunta de Goberno de hoxe aprobou as bases de participación do programa Vente cos reis magos para seleccionar aos 40 nenos e nenas que van estar na comitiva dos Reis Magos. Os rapaces estarán repartidos en catro carrozas (as das súas maxestades e a do paxe real) e, por motivos de seguridade, terán que ter entre 8 e 12 anos. Segundo explicou, para participar é preciso cubrir o boletín de inscrición que se poderá recoller na oficiña de Información do Concello.

Alumeado de Nadal
O alcalde referiuse tamén á inauguración do alumeado do nadal que comezará a funcionar hoxe mesmo. O acto simbólico, no que participará o rexedor, terá lugar esta tarde ás 19,00 horas na Porta do Sol. As zonas comerciais e puntos de encontro que serán iluminados serán os seguintes: Casco urbano-centro, Casco Vello, Travesas, Bouzas, Teis, Calvario, así como os mercados de O Progreso, O Calvario, As Travesas, Bouzas, Teis, Cabral, A Pedra e O Berbés.
Tamén haberá luces de nadal, engadiu, nas parroquias de Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Salgueira, Lavadores, Matamá, Navia, Sampaio de Navia, Oia, Saiáns, San Paio, San Xoán Poulo, Sárdoma, Valadares, Zamáns.
1322836174caballero.JPG
1322836226alcalde2.jpg
1322836268alcalde2.jpg
1322836357Imagen006.jpg
Descargar todas as imaxes