Vigo expresa a súa repulsa á violencia de xénero cunha gran cadea humana
O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller impulsaron hoxe venres, 25 de novembro, a iniciativa Enlaza Vigo, pola que unha gran cadea humana de 5.000 persoas partiu do MARCO ata a Praza da Independencia co gallo do Día Internacional da Violencia de Xénero. O alcalde, Abel Caballero, avogou por unha sociedade que sexa "un clamor para que nunca máis a violencia de xénero pase sen berros en contra, sen clamores en contra e sen penas para os agresores", erguendo a "bandeira da liberdade e da igualdade".
O alcalde, Abel Caballero, explicou que hoxe "Vigo decidiu unir as súas mans para formar unha cadea humana de sensibilidade, de cercanía, para unir as nosas voces en contra da violencia de xénero".
Unhas 5.000 persoas de todas as idades participaron nesta gran cadea humana que uniu a homes e mulleres desde o Museo MARCO, na rúa Príncipe, ata a Praza da Independencia, pasando pola Praza do Rei, para lanzar "un gran clamor para que toda a sociedade de pasos sen parar", indicou Caballero, avanzando contra este "mal endémico" ante o que transmitiu a súa "condena máis activa".
Distintos membros do goberno local e da Corporación municipal enlazáronse esta mañá nesta campaña, organizada polo Concello -a través da Concellería de Igualdade- e polo Consello Municipal da Muller, e no que participaron destacados artistas, deportistas e numerosos centros educativos da cidade.
Descargar todas as imaxes