Escoitar

Caballero inaugurou no Auditorio "Mar de Vigo" o XX Congreso Nacional de Auditoría

O alcalde de Vigo participou este xoves no acto de apertura desde evento organizado polo Instituto de Censores Xurados de Contas de España, unha das citas anuais máis importantes do sector que ten lugar no Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo". O vixésimo congreso está enmarcado baixo o lema "Tempo de auditoría, tempo de información e transparencia".

xoves, 24 nov 2011
1322151896auditores.JPG
Este XX Congreso Nacional de Auditoría, que pecharase mañá venres, non só trata dos asuntos internos que potencien e melloren o desenvolvemento profesional dos auditores de contas, senón de todos aqueles aspectos que supoñan desde o mundo da auditoría unha achega real á sociedade na superación das dificultades económicas e financeiras que a mesma atravesa.

Neste sentido, o Comité Científico desenvolveu un programa variado e de contrastada calidade que permite abordar distintas materias que ocupan e preocupan aos auditores: a contorna económica actual e as perspectivas de futuro, a converxencia internacional, etc.

Coa participación de prestixiosos profesionais e expertos de diversas ramas e actividades, e mediante exposicións, debates, coloquios, sesións plenarias e técnicas, os asistentes poden ampliar os seus coñecementos e obter unhas conclusións que permitan cumprir o obxectivo pretendido polo Comité Organizador e o Científico de ofrecer aos membros das institucións e profesionais vinculados á auditoría un evento de especial interese e calidade para o seu desenvolvemento profesional.

O recentemente estreado Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo", un edificio moderno e singular, acolle a todos boa parte dos profesionais da auditoría de contas en España, asistentes ao XX Congreso Nacional de Auditoría.
Descargar todas as imaxes