Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 24 nov 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 25 DE NOVEMBRO DE 2011.


1.- Acta da sesión ordinaria do 18 de novembro e extraordinarias e urxentes do 18 e dúas do 21 de novembro do 2011.

ALCALDIA
2.- Concesión de subvención por importe de 2.500 € a favor de Schoolhouse C.B. como axuda ós gastos do "Concurso De Deletreo en Inglés 2011". Expte. 7827/101.

CONTRATACIÓN
3.- Solicitude de Prazadouro S.L. para constitución de hipoteca sobre a concesión da explotación do aparcamento e locais da Praza de D. Francisco Fernández del Riego. Expte. 3852/241.

4.- Adxudicación do procedemento negociado sen publicidade para a contratación da dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde do "Proxecto de reforma do Mercado do Progreso. Expte. 5251/551.

5.- Adxudicación do procedemento negociado para a contratación da dirección de obra do "Proxecto de reforma do Mercado do Progreso. Expte. 5248/551.

6.- Devolución de garantías:
a) Movexvial S.L. Expte. 3849/241.
b) Galaicontrol S.L. Expte. 3840 e 3841 de 241.
c) Baigar S.L. Expte. 3864/241.
d) Lappset España VR S.L. Expte. 3780/241.
e) Simco S.L. Expte. 3707/241.
f) Autocares la Florida S.A.L. Expte. 3853/241.
g) Proxectos, Consultoría e Formación S.L. Expte. 3871/241.

DEPORTES
7.- Proposta de autorización á Entidade Menor de Bembrive para organizar a I Carreira Solidaria Nocturna o vindeiro 3 de decembro de 2011. Expte. 10738/333.

IGUALDADE
8.- Renuncia presentada pola Asociaicón de Peruanos en Galicia á subvención concedida pola X.Goberno local o 1.07.11 para o proxecto "Coidando a mi bebé (homes)". Expte. 5208/224.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
9.- Proposta de autorización ao servizo de Participación e Atención Cidadá para crear un ficheiro de carácter persoal para os usuarios e usuarias dos Bancos do Tempo municipais. Expte. 5453/320.

POLICÍA LOCAL
10.- Indemnización substitutiva por importe de 11.862,19 € a favor de Taelpo polo aluguer do sistema de comunicacións Trunking dos meses de setembro-outubro. Expte. 35043/212.

RECURSOS HUMANOS
11.- Modificación puntual da RPT (reasignación de posto de traballo a Área de Fomento). Expte. 22534/220.

12.- Dar conta da resolución sobre adscripción provisional da técnica de admón. xeral Dª Susana García Alvarez ao posto de "xefa do Servizo de Recursos e Asesoramento" e ao técnico de admón. xeral D. Pablo Olmos Pita ao posto de "adxunto/a ao xefe/a do Servizo Contencioso". Expte. 22535/220.

13.- Dar conta da resolución de encomenda de funcións ao funcionario D. Oscar Vega Andión. Expte. 22533/220.

14.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por xornada reducida de verán a funcionarios, correspondente ao ano 2011. Expte. 22431/220.

15.- Concesión de axudas especiais con cargo ao Fondo de Acción Social (novembro 2011). Expte. 22493/220.

16.- Dar conta da resolución relativa a rehabilitación da condición de funcionario de D. Alfredo Cabaleiro Besada. Expte. 22497/220.

17.- Incidente recusatorio formulado por D. Carlos Sáenz de Miera Rodríguez, en relación co órgano de selección do proceso selectivo para a provisión dunha praza de Programador de Informática (OEP 2008). Expte. 22543/220.

18.- Incidente recusatorio formulado por D. José A. Cotelo Lema, en relación co órgano de selección do proceso selectivo para a provisión dunha praza de Programador de Informática (OEP 2008). Expte. 22542/220.

19.- Convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Universidade a Distancia de Madrid (UDIMA), para a realización de prácticas de alumnos do Master Universitario en Prevención de Riscos Laborais. Expte. 22547/220.


SEGURIDADE
20.- Devolución de aval á Entidade Local Menor de Bembrive constituído pola celebración da XIII Festa da Sidra. Expte. 81437/210.

21.- Proposta de adscrición de dous vehículos Eurotaxi para persoas de mobilidade reducida ao Servizo de Autotaxi da cidade. Expte. 79764/210.

TURISMO
22.- Aceptar a renuncia do bolseiro Richard Joseph Gómez Troadel á bolsa de formación en prácticas da Concellería de Turismo e adxudicar a bolsa vacante. Expte. 4079/104.

URBANISMO
23.- Dar conta do pase a vía de constrinximento de multas urbanísticas. Expte. 5848/407.

24.- Dar conta do pase a vía de constrinximento de execución subsidiaria. Expte. 5850/407.

25.- Toma de coñecemento do pase á vía de constrinximento de cotas debidas por Raminosa S.L. á Xunta de Compensación do "PERI IV-09 Baixada a San Roque". Expte. 5035/401.

XUVENTUDE
26.- Revisión do IPC dos contratos de: Servizo de Información Xuvenil, Ludotecas da Casa de Xuventude e Coia e Servizo de Punto Xove. Expte. 3233/336.

27.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 25 de novembro de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 23 de novembro de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.