venres, 25 novembro 2011

Vigo expresa a súa repulsa á violencia de xénero cunha gran cadea humana

O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller impulsaron hoxe venres, 25 de novembro, a iniciativa Enlaza Vigo, pola que unha gran cadea humana de 5.000 persoas partiu do MARCO ata a Praza da Independencia co gallo do Día Internacional da Violencia de Xénero. O alcalde, Abel Caballero, avogou por unha sociedade que sexa "un clamor para que nunca máis a violencia de xénero pase sen berros en contra, sen clamores en contra e sen penas para os agresores", erguendo a "bandeira da liberdade e da igualdade".

O alcalde anuncia a concesión de 100.000 euros para que 72 alumnos da Escola de Idiomas estuden no estranxeiro

venres, 25 nov 2011

Tras a Xunta de Goberno Local celebrada este vernres, Abel Caballero informou da aprobación da concesión de 72 bolsas de estudos para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, achegas cun investimento total de 100.000 euros polas que os beneficiarios poderán aprender inglés, francés, alemán, italiano ou portugués nos países de orixe. Tamén celebrada hoxe, a Xerencia de Urbanismo xestionou licenzas por importe de 1,2 millóns de euros.

O rexedor entrega diplomas a 14 mulleres maltratadas que aprenden a repeler a violencia de xénero

venres, 25 nov 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou hoxe venres na entrega de diplomas a 14 mulleres vítimas da violencia machista participaron en cursos importidos pola Policía Local para ser capaces de repeler as agresións "que xa sufriron e das que esperamos que nunca máis volvan ser obxecto". Trátase -proseguiu- de que ademais de que adquiran destrezas físicas lles transmitamos "cercanía para que se sintan seguras, que sintan que toda a cidadanía está o seu lado".

Obradoiro de literatura e creatividade sobre Álvaro Cunqueiro

venres, 25 nov 2011

Vagalume Colectivo de Aventuras Teatrais presenta no VERBUM este obradoiro dirixido ao público en xeral, pero especialmente pensado para o profesorado de primaria, secundaria e bacharelato interesado en afondar, a través da técnica teatral, na figura de Álvaro Cunqueiro.

XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

venres, 25 nov 2011

A Concellería de Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, no Centro cultural de Valadares.O domingo 27, ás 19 horas terá lugar a final das xornadas.

Comeza a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

venres, 25 nov 2011

A Semana de Teatro Afeccionado, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, comeza a súa sétima edición o sábado 26 coa actuación da compañía Porta Aberta que representa a obra "Aquí non paga ninguén" no Centro Cultural de Beade.

Cine infantil no VERBUM, organizado por Igualdade

venres, 25 nov 2011

A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. A última das proxeccións terań lugar o domingo 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.

ANUNCIO DE XUVENTUDE

Cursos da Concellería de Xuventude

venres, 25 nov 2011

A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos que comezarán o mes de decembro:monitor de tempo libre,manipulación de alimentos,xestionar un proxecto xuvenil con ferramentas en rede,iniciación a OpenOffice, creación de webs e blogs e taller de horta urbana ecolóxica.

ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

venres, 25 nov 2011

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar polas empresas MOVEXVIAL, EIRIÑA e ORECO, e mentres duren as obras, establécese sentido único de tráfico nas rúas: SEVERINO COBAS, cara á rúa Ramón Nieto; NAIA, treito entre Severino Cobas e Alcalde Lavadores, cara á rúa Alcalde Lavadores, dende o martes 29 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres meses.