martes, 22 nov 2011
Despois de manter unha conversa telefónica co director de Infraestruturas Ferroviarias do Ministerio de Fomento, o alcalde anunciou que o próximo xoves a primeira das dúas tuneladoras -a Miñoca- completará o seu traballo coa chegada á boca de saída das mesmas. En 15 ou 20 días rematará o túnel a segunda, a Lebre. "Simbólicamente podemos dicir que o AVE xa está en Vigo", afirmou Caballero.
martes, 22 nov 2011
O alcalde de Vigo recibiu este martes ao líder, Julián Hernández, da histórica banda viguesa que a finais deste ano cumprirá trinta anos de traxectoria musical. Abel Caballero eloxiou o papel de Siniestro Total como embaixadores da cidade no exterior e tamén o seu rol na cultura en Galicia e España, polo que "desde Vigo temos que rendirlles unha homenaxe", que terá lugar posiblemente a comezos do mes de xaneiro.
martes, 22 nov 2011
Máis de 350 alumnos de primeiro e segundo de Educación Primaria participaron esta mañá no Verbum en sendas sesión de contacontos sobre igualdade de homes e mulleres. Esta é unha das actividades promovidas pola concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller para conmemorar o 25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero.