Escoitar

O concelleiro de Deportes anima á participación no Memorial Belarmino Alonso de cross, con Sandra Mosquera e Carlos Costa como estrelas

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou hoxe á participación das e dos atletas federados no 33 Memorial Belarmino Alonso de cros, que se disputará en San Andrés de Comesaña este domingo día 27 a partires das 10:30 horas e que reunirá a uns 600 inscritos dende categoría alevín a senior.

luns, 21 nov 2011
1321892363manel.JPG
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou hoxe á participación das e dos atletas federados no 33 Memorial Belarmino Alonso de cros, que se disputará en San Andrés de Comesaña este domingo día 27 a partires das 10:30 horas e que reunirá a uns 600 inscritos dende categoría alevín a senior.

A proba máis antiga do calendario autonómico, Campionato de Galicia aparte, ten xa asegurada a presenza de Sandra Mosquera, atleta viguesa do Comesaña recuperada dunha lesión, e de varios deportistas portugueses, caso do campión da edición do pasado ano, Carlos Costa, ou Manuel Magalhaes. Por contra, o grupo de favoritos perde a Patricia Mendes, do Comesaña, por lesión.

Por segundo ano consecutivo, a carreira realízase en Molinos (San Andrés de Comesaña), á beira do campo de fútbol A Xunqueira. A proba promesa senior masculina, sobre 9.500 metros, disputarase ás 11:15 horas e a feminina (5.700 metros), ás 12:02. O programa conclúe coa categoría alevín (13:23 os nenos, 13:30 as nenas), sobre un percorrido de 1.060 e 845 metros, respectivamente.

O edil felicitou á organización "polo éxito seguro desta proba", dixo que "non é posible acometer os retos sen un esforzo común" e incidiu en que "o Concello ten o compromiso de seguir apostando polo mundo do deporte aínda nas actuais circunstancias", confirmando ademais que "en 2012 tamén haberá apoio municipal ao Memorial Belarmino Alonso".

Dende a delegación advertiuse de que o domingo "viviremos un espectáculo extraordinario" de campo a través e dende a Deputación tamén se instou á inscrición dos atletas "porque algo se fixo ben cando este memorial", nacido en 1978, "leva 32 edicións".
Descargar todas as imaxes