O Concello inicia a tramitación para derrubar as naves ilegalizadas do porto deportivo de A Lagoa
O alcalde, Abel Caballero, informou este venres do acordo adoptado pola Xerencia de Urbanismo -cos votos favorables do PSOE, a abstención do BNG e o voto en contra do PP- de iniciar a tramitación para dar cumprimento á "sentenza xudicial firme" do Tribunal Supremo. O goberno local executa o ditame dos xulgados de forma subsidiaria, co que trasladará á propiedade o custo do derrubo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou outros puntos aprobados na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo deste venres, como o inicio do procedemento para tramitar e aprobar o desenvolvemento do ámbito urbanístico de Pateira, que sumará 2.600 metros cadrados de zonas verdes e outros 1.500 de equipamentos públicos.
Por outra banda, Urbanismo aprobou o proxecto expropiatorio dunha vivenda entre Ferrería 1 e Abeleira Menéndez, para "abrir un novo espazo público e unha nova rúa que conectará Abeleira Menéndez con Ferrería", segundo explicou o alcalde, para quen supón "un paso adiante" na recuperación do Casco Vello.
Descargar todas as imaxes