Escoitar

Últimos días para participar no concurso de fotografía dixital e microvideos "25 de novembro. Día internacional contra a violencia de xénero-2011"<br />

Ata o domingo 20 de novembro está aberto o prazo de adminisión de traballos do concurso de fotografía dixital e microvideos que convoca o o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero-2011, que se conmemora o día 25 de novembro, co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres.

venres, 18 nov 2011
13216156421320053888fotografia.jpg
Trátase dunha convocatoria libre na que poderán participar todas aquelas persoas físicas ou xurídicas maiores de dezaseis anos.

O concurso abrangue 2 modalidades: Fotografía dixital e Microvídeo.

Cada persoa participante só poderá presentarse ao concurso nunha das dúas modalidades, coa presentación dunha única obra. As obras que se presenten no concurso deberán estar en lingua galega.

As fotografías dixitais presentaranse en formato jpg, tiff, png ou jpeg e terán suficiente calidade para ser manipuladas, resolución recomendable entre 150 a 300 píxeles de calidade.

Os microvídeos presentados terán unha duración non superior a 3 minutos(incluíndo a cabeceira co título), o formato de presentación será exclusivamente en liña, o tamaño máximo do arquivo de vídeo será de 100 Mb e soportaranse a maioría de formatos dixitais: avi, mpg, flv, wmv, vob, mp4, mov e os de alta definición: mkv, ts e m2ts,etc.

Este concurso estará dotado cos seguintes premios:
Primeiro premio: 1 por modalidade, que consistirá na entrega dun bono por importe de 500 €.
Accésit: un accésit para cada unha das dúas modalidades, en función da calidade das obras presentadas, que consistirán na entrega dun bono por importe de 250 €.
Os bonos serán para a adquisición de material e/ou dispositivos de informática, imaxe e/ou son para trocar nos establecementos comerciais indicados pola organización.

Os premios poderán ser declarados desertos, de estimar o xurado que ningunha das obras presentadas reúnen as condicións necesarias.

O prazo da admisión das obras finaliza o día 20 de novembro de 2011.

As fotografías dixitais e os microvídeos, presentaranse unicamente a través dos respectivos espazos web:

www.igualdadevigo.org/concursofotografia. e www.igualdadevigo.org/concursovideos.

As bases do concurso están á disposición das persoas interesadas na web da Concellería de Igualdade: www.igualdadevigo.org .Máis información no tlf.: 986 810 284
Descargar todas as imaxes