martes, 15 novembro 2011

O alcalde apunta que a Autopista do Mar converte a Vigo en porto nodal europeo

Abel Caballero explicou hoxe martes que o Ministerio de Fomento garante que Vigo será porto central na rede transeuropea de transportes ao ser cabeceira dunha Autopista do Mar, que será rubricada "de forma inminente" polos gobernos español e francés. O alcalde recordou que, vía corrección de erros, o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo de pasaxeiros tamén figurará no mapa europeo.

Caballero participou na visita realizada por técnicos chineses ao servizo municipal de augas de Vigo

martes, 15 nov 2011

O alcalde estivo presente este martes na visita realizada por técnicos do saneamento de Pequín ao servizo municipal de augas de Vigo, nas instalacións de Aqualia na rúa Cantabria. A delegación chinesa puido coñecer de primeira man os pormenores da xestión viguesa da auga e puxeron en común cos responsables vigueses o deseño e as ferramentas empregadas no saneamento.

Relatorio sobre o Alzheimer na Casa das Mulleres

martes, 15 nov 2011

A Concellería de Igualdade programa para o mércores, 16 de novembro ás 19.00h na Casa das Mulleres o relatorio do Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL II": "O Alzheimer: concepto, evolución e tratamento" ,coa intervención de Luz Pérez Pereira, traballadora social da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA).