xoves, 17 novembro 2011

O alcalde anuncia o acordo de cesión das instalacións de Marqués de Valterra para albergue municipal "definitivo e permanente"

Abel Caballero participou este xoves na reunión do Padroado da Fundación "Casa do Pescador-Institución Valeriosa" que acordou ceder ao Concello a sede das Misioneras do Silencio para converterse en albergue municipal. Unha vez aceptada a cesión, a xestión sairá a concurso público, aínda que non se desbota a posibilidade de abrilo -antes de rematar a tramitación administrativa- como dispositivo de emerxencia.

O Concello tramita a rehabilitación do edificio Bandeira para centro comercial

xoves, 17 nov 2011

O alcalde, Abel Caballero, recibiu este xoves á propiedade da estrutura e adiantou que na próxima primavera poderían comezar algún aspecto da obra, como a desmontaxe da fachada actual, pedra por pedra. Os promotores rehabilitarán o edificio para convertilo nun centro comercial de catro alturas e accesos por Aragón e Jenaro de la Fuente. Caballero asegura que "significará unha reactivación" do comercio e da zona.

Santos Héctor presentou unha campaña divulgativa sobre o control da diabetes

xoves, 17 nov 2011

O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, participou este xoves na presentación do programa "Na diabetes tipo 2, non esquezas o teu colesterol e ...viceversa", no marco dunha campaña socio-sanitaria que desenvolve a Federación de Diabéticos Españois e a Asociación de Diabéticos de Vigo. O edil municipal transmitiulles o compromiso do Concello a colaborar no que precisen.