Caballero proponse abrir o novo Mercado do Progreso o próximo verán

O alcalde de Vigo recibiu este mércores ao xerente do Mercado do Progreso, quen lle transmitiu a boa marcha das obras co obxectivo de ter finalizada a reforma integral do centro de cara ao verán. Caballero sinalou que "imos intentar que estea acabado no próximo verán", unha obra "importante" que contará con dotación orzamentaria para converter o Mercado nun "lugar de atracción comercial e ciudadano".

mércores, 16 nov 2011
1321449617mercado.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores sobre a reforma en marcha do Mercado do Progreso que "imos intentar que estea acabado no próximo verán".

Tras unha reunión coa xerencia do centro, Caballero definiu de "obra importante" a que está a realizarse no mesmo, que supón "prácticamente refacer o mercado". Constataron a boa marcha dos traballos, que procuran convertelo nun "lugar de atracción comercial e ciudadano", para o que o alcalde adiantou que consignaranse recursos económicos de cara aos próximos orzamentos.
Descargar todas as imaxes