Videoforum da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos

O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o xoves 17 de novembro ás 18.0 horas a proxección do filme "La Caja" de Juan Carlos Falcón. O acto está organizado pola Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos e colabora a Concellería de Igualdade.

mércores, 16 nov 2011
1321449703cartel1.jpg
SINOPSE:
Nun pobo mariñeiro de Canarias, o odiado don Lucio falece inesperadamente e a súa viúva (Ángela Molina) non ten espazo para velalo. A súa veciña Isabel (Elvira Mínguez) será quen cargue co morto, e mentres a viúva esquece as súas penas, todos os veciños pasarán polo velorio para axustar as súas contas pendentes co defunto.
Descargar todas as imaxes