venres, 18 novembro 2011

O Concello inicia a tramitación para derrubar as naves ilegalizadas do porto deportivo de A Lagoa

venres, 18 nov 2011

O alcalde, Abel Caballero, informou este venres do acordo adoptado pola Xerencia de Urbanismo -cos votos favorables do PSOE, a abstención do BNG e o voto en contra do PP- de iniciar a tramitación para dar cumprimento á "sentenza xudicial firme" do Tribunal Supremo. O goberno local executa o ditame dos xulgados de forma subsidiaria, co que trasladará á propiedade o custo do derrubo.

Cine infantil no VERBUM, organizado por Igualdade

venres, 18 nov 2011

A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Ás proxeccións terań lugar os domingos:20 e 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.

"A princesa balinesa", teatro familiar no Auditorio Municipal

venres, 18 nov 2011

A obra "A princesa balinesa" trata das desventuras da princesa Xamira e a súa misión de encontrar os catro tesouros sagrados ou perderá o seu reino, que foi roubado pola malvada e poderosa deusa do Mar Negro Calixta. Na súa axuda pola busca dos tesouros, acudirá un aprendiz de mago bastante torpe.Este é o argumento da obra que se representa o sábado 19, ás 18.00 horas no Auditorio Municipal.

Últimos días para participar no concurso de fotografía dixital e microvideos "25 de novembro. Día internacional contra a violencia de xénero-2011"<br />

venres, 18 nov 2011

Ata o domingo 20 de novembro está aberto o prazo de adminisión de traballos do concurso de fotografía dixital e microvideos que convoca o o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero-2011, que se conmemora o día 25 de novembro, co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres.