O alcalde afirma que o goberno de Vigo investiu nos colexios públicos 4,1 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local deu conta este venres dos gastos tramitados na Concellería de Educación, que so entre os meses de xuño e outubro -ambos incluidos- adicou un total de 170.000 euros para obras, servizos e suministros. De cara a novembro e decembro, o goberno de Vigo adicará ademais máis de medio millón de euros adicionais nos colexios públicos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que o goberno que preside investiu 4,1 millóns de euros no mantemento dos centros públicos educativos da cidade, sendo competencia da Xunta de Galicia, ao que habería que engadir o investimento municipal nas axudas a alumnos nos comedores escolares, libros e inglés.
Tras a celebración da Xunta de Goberno Local ordinaria dos venres, o rexedor apuntou que deuse conta dos gastos tramitados nos colexios entre xuño e outubro deste ano, acadando nestes meses os 170.000 euros, que nos meses de novembro e decembro serán outros 500.000 euros máis.
Albergue
O alcalde de Vigo deu conta na xunta de Goberno desta mañá da proposta do Padroado da Fundación Valeriola de cecer ao Concello a Casa do Pescador e que, deste xeito, se poidan iniciar os trámites para que sexa o albergue municipal. Logo de aclarar que o edificio e nestes momentos un centro relixioso, avanzou que "a uña de caballo faremos todos os procesos administrativos precisos para converter o edificio no gran albergue municipal e en todo caso tamén no albuergue de emerxencia". O obxectivo, indicou, é " non perder nin un só día para abrir o albergue a toda velocidade".
Descargar todas as imaxes