Escoitar

Cine infantil no VERBUM, organizado por Igualdade

A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Ás proxeccións terań lugar os domingos:20 e 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.

venres, 18 nov 2011
1321618380billyelliot.jpg
Ao comezo de cada filme proxectarase unha das curtas participantes nas anteriores edicións do Concurso de microvídeos e fotografía dixital que se convocou co gallo da conmemoración do 25 de novembro. Día Internacional contra a violencia de xénero. Duración:3 minutos.

BILLY ELLIOT. QUIERO BAILAR (BILLY ELLIOT)
Ano: 2000
Duración: 110 minutos
Dirección: Stephen Daldry
País: Reino Unido
Xénero: cine social-drama
Público:dirixida ao público infantil, a partir dos 7 anos.
Idioma: castelán
SINOPSE:
1984, norte de Inglaterra, Billy é un rapaz de catorce anos de familia mineira cunha peculiaridade: atráelle máis o baile que o boxeo. A profesora de ballet pronto ve nel un gran talento e decide darlle clases ás agochadas do seu pai e do seu irmán maior.


Descubrir o seu interese polo baile e os seus desexos de ser bailarín, leva a Billy a poñerse en contra da súa familia, veciños e tamén, ao principio del mesmo. O seu contorno agarda del que boxee no seu tempo libre e que cando sexa maior sexa mineiro como o seu irmán e o seu pai, pero el non encaixa nestes patróns. Billy, a medida que vai autoafirmándose, a través da danza, destrúe todos eses esquemas preestablecidos socialmente. Finalmente toda a familia supera os seus prexuízos e danse conta da gran valía de Billy...

Ao comezo de cada filme proxectarase unha das curtas participantes nas anteriores edicións do Concurso de microvídeos e fotografía dixital que se convocou co gallo da conmemoración do 25 de novembro. Día Internacional contra a violencia de xénero. Duración:3 minutos.

Lugar: Verbum-Casa das Palabras.
Avda. de Samil, 17
A entrada é de balde e libre ata completar o aforo.
Organiza: Concellería de Igualdade e Consello Municipal da Muller
Colabora: Verbum-Casa das Palabras
Descargar todas as imaxes