Escoitar

O alcalde apunta que a Autopista do Mar converte a Vigo en porto nodal europeo

Abel Caballero explicou hoxe martes que o Ministerio de Fomento garante que Vigo será porto central na rede transeuropea de transportes ao ser cabeceira dunha Autopista do Mar, que será rubricada "de forma inminente" polos gobernos español e francés. O alcalde recordou que, vía corrección de erros, o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo de pasaxeiros tamén figurará no mapa europeo.

martes, 15 nov 2011
1321375886Imagen004.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe que a Autopista do Mar viguesa convertirá "automáticamente" á cidade olívica en porto nodal europeo.

Caballero dixo que o estatus de cabeceira da liña Vigo-Saint Nazaire concede estatus propio de porto central en Europa, con independencia do territorio. A Unión Europea impide clasificar como nodais a dúas terminais portuarias nunha mesma comunidade autónoma, ocupando A Coruña este posto por número de toneladas movidas. O rexedor recordou que, nesta clasificación, Europa non distingue entre volume e valor das mercancías e, de ter en conta o valor das mesmas, Vigo ocuparía o primeiro lugar en Galicia.

O alcalde afirmou que "automáticamente as cabeceiras de Autopistas do Mar serán portos nodais", "a clave" que permite a Fomento garantir que Vigo será porto central no continente. A sinatura bilateral entre os gobernos de España e Francia terá lugar "de forma inminente" co que queda "garantido" que Vigo "forma parte dos portos nodais europeos".

"Todos estamos volcados en conseguilo", aseverou o primeiro edil, quen adiantou que o Concello ten "moi avanzado" o estudo encargado para defender a posición viguesa en Europa, e "todo sinala" que Vigo será nodal, ademais de aseguralo o ministro de Fomento, José Blanco, con este razonamento.

Abel Caballero reiterou ante os medios de comunicación que a rede central europea de carga "ten a Vigo como vórtice" e "por corrección de erros" a Alta Velocidade ferroviaria de pasaxeiros Vigo-Ourense por Cerdedo tamén figura no mapa continental.
Descargar todas as imaxes