mércores, 23 nov 2011
A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, congratulouse este mércores de que a Xunta de Galicia presentase un novo proxecto urbanístico para a Cidade da Xustiza viguesa que si se adapta á normativa vixente, o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Silva adiantou que presentará ao goberno autonómico unha proposta pola que "Vigo non vai pagar un euro pola adquisición dos terreos" para a nova dotación xudicial viguesa.
mércores, 23 nov 2011
O alcalde e os responsables do grupo Imán presentaron hoxe os IX Premios de Relato Curto, cuxa temática será o sida. Os relatos poderán ser presentados ata o 9 de xaneiro de 2012 e os premios oscilarán entre os 700 euros do primeiro aos 100 euros dos tres accésits concedidos. Abel Caballero asegurou o apoio municipal a iniciativas que abonden no "desterro definitivo" desta enfermidade.
mércores, 23 nov 2011
Tras unha reunión con AETRAVI, o alcalde indicou que o Concello cooperará cos comerciantes de Travesas nas súas iniciativas para dinamizar o sector, entre estas as súas tradicionais propostas para Nadal e Fin de Ano, ademais dunha proposta para sacar o comercio á rúa. Abel Caballero afirmou que o goberno local colabora con esta Asociación tal e como fai coa Federación Vigo Histórico ou con FECOVI.
mércores, 23 nov 2011
Abel Caballero avanzou hoxe que na primaveira de 2012 Vigo acollerá o 57 Congreso nacional de uroloxia, "probablemente o encontro profesional máis numeroso que nunca rexistrou a nosa cidade". Logo de manter hoxe un encontro co presidente do evento, Francisco Sabell, o rexedor anunciou que o congreso se organizará no Auditorio Mar de Vigo, engadindo que "os miles de participantes encherán a capacidade hotelera de Vigo, un turismo de calidade", abundou.
mércores, 23 nov 2011
Miriam Pérez, de 13 anos, e Laura Domínguez, de 16, patinadoras do Club Patinaje Valladares, foron recibidas hoxe polo alcalde da cidade, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que as felicitaron pola súa magnífica traxectoria nesta tempada que agora remata.
mércores, 23 nov 2011
O equipo de Educación Vial da Policía Local e a ONG Stop Accidentes proxectarán o venres 25 de novembro ás 18,00 horas o documental "Dousdevintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento" no Centro Cívico de Teis. Trátase dunha das iniciativas coas que se conmemora o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico, unha actividade á que se unirán sendas marchas, ciclista e motorista, que se organizarán o domingo 27 e que rematarán cun acto na Praza do Rei.<br />
mércores, 23 nov 2011
Esta é a derradeira semana do programa audiovisual ArtFutura, que se proxecta no salón de actos do MARCO e que finaliza este sábado 26, catro semanas despois da súa estrea a principios de novembro, en exclusiva para Galicia.
mércores, 23 nov 2011
O próximo venres, 25 de novembro, ás 11 horas e con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convócase unha cadea humana co nome "Enlaza Vigo".<br />
Toda a información en www.enlazavigo.com