Últimos días de ArtFutura no MARCO
Esta é a derradeira semana do programa audiovisual ArtFutura, que se proxecta no salón de actos do MARCO e que finaliza este sábado 26, catro semanas despois da súa estrea a principios de novembro, en exclusiva para Galicia.
A edición deste ano ten como protagonistas dous novos documentais sobre a cultura dixital: Connected e PressPausePlay. Connected, dirixido por Tiffany Shlain, é un fascinante documental onde Shlain crea vínculos sorprendentes entre as abellas do mel e o estrés, as hormonas e a felicidade, a tecnoloxía e a natureza, e o progreso e as súas consecuencias no mundo actual. O resultado é unha película persoal con resonancia universal. PressPausePlay, pola súa banda, está dirixido por David Dworsky e Victor Köhler e cobre tanto o campo musical como o do deseño e new media. Con máis de 150 horas de metraxe, o documental inclúe entrevistas con algúns dos máis influentes creadores da era dixital. ArtFutura 2011 presenta ambos os dous documentais subtitulados ao español, e tamén as últimas achegas en animación 3D, motiongraphics, videoxogos e efectos especiais.
Datas: do 4 ao 26 de novembro de 2011
Lugar: salón de actos
Horario: venres e sábados de 19.00 a 21.00
Prezo: 1€/día
Descargar todas as imaxes
Datas: do 4 ao 26 de novembro de 2011
Lugar: salón de actos
Horario: venres e sábados de 19.00 a 21.00
Prezo: 1€/día