Caballero asina un convenio para que os institutos públicos usen gratis as instalacións deportivas municipais
Un convenio regulará desde hoxe a colaboración entre cinco institutos públicos da cidade e o IMD para que 1.500 estudantes poidan usar as instalacións deportivas públicas de xeito gratuito. Caballero reseñou o empeño do Goberno municipal "na liña de cooperar cos centros públicos" polo que será o Concello o que asuma os máis de 22.000 euros que supón o uso destas instalacións.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou hoxe cos responsables de cinco institutos públicos da cidade un convenio de colaboración para regular o uso, sen coste, das instalacións do IMD. Moitos centros educativos da cidade non dispoñen de espazo suficiente para o desenvolvemento das dúas clases de educación física, polo que o IMD lles cede a súas intalacións de xeito gratuito xa que así o permiten as ordenanzas de prezos públicos vixentes.
O alcalde, quen amosou "o seu empeño en seguir la liña de cooperación cos centros de ensino públicos", anunciou que é o Concello o que asume os máis de 22.000 euros que suporá o uso deses centros deportivos e dos que se beneficiarán máis de 1.500 alumnos.
Os centros que se suman a esta iniciativa son: Colexio Altamar, IES Santo Tomé de Freixeiro, IES Santa Irene, IES A Guía, e IES Teis e as instalacións que disfrutarán son as seguintes: pavillón Municipal do Frontón, pavillón municipal Pista Vermella, pavillón municipal do Carmen, pavillón municipal de Teis e piscina municipal de Teis.
Descargar todas as imaxes