Carmela Silva congratúlase de que a Xunta presente un novo proxecto de Cidade de Xustiza, adaptado ao PXOM
A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, congratulouse este mércores de que a Xunta de Galicia presentase un novo proxecto urbanístico para a Cidade da Xustiza viguesa que si se adapta á normativa vixente, o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Silva adiantou que presentará ao goberno autonómico unha proposta pola que "Vigo non vai pagar un euro pola adquisición dos terreos" para a nova dotación xudicial viguesa.
Despois dunha reunión de traballo celebrada este mércores entre o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia, Carmela Silva informou que o goberno autonómico presentou un novo proxecto que si encaixa coa normativa urbanística municipal que marca o Plan Xeral.
Segundo indicou, a Xunta de Galicia presentará ante o Concello o novo proxecto para que a administración local valore o custo dos terreos precisos para construir a Cidade da Xustiza. Unha vez realizada a estimación económica, Silva avanzou que a administración local presentará ante a Xunta de Galicia unha proposta de adquisición do solo que terá "custe cero" para os vigueses: "Vigo non vai pagar un euro", reiterou.
A primeira tenente de alcalde recordou que o proxecto anterior da Xunta de Galicia non encaixaba no Plan Xeral, co que era preciso ben modificalo ou ben iniciar un plan de supramunicipalidade. O goberno de Núñez Feijóo decantouse pola primeira opción, presentando unha alternativa de "moitísima menor extensión", ante o que Silva congratulouse.
A socialista explicou que a Xunta de Galicia tiña que ter comezado cunha reunión de traballo, como a celebrada hoxe, "traballando conxuntamente" entre as administracións e presentando proxectos adaptados á legalidade municipal vixente.
Descargar todas as imaxes