Escoitar

Caballero compromete colaboración municipal para o concerto polo trixésimo aniversario de Siniestro Total

O alcalde de Vigo recibiu este martes ao líder, Julián Hernández, da histórica banda viguesa que a finais deste ano cumprirá trinta anos de traxectoria musical. Abel Caballero eloxiou o papel de Siniestro Total como embaixadores da cidade no exterior e tamén o seu rol na cultura en Galicia e España, polo que "desde Vigo temos que rendirlles unha homenaxe", que terá lugar posiblemente a comezos do mes de xaneiro.

martes, 22 nov 2011
1321967521siniestro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeu este martes a cooperación do Concello no concerto de celebración do trixésimo aniversario do mítico grupo vigués Siniestro Total.

Ao remate dunha reunión con Julián Hernández, o rexedor vigués eloxiou o papel desta banda levando o nome da cidade por España e como parte da cultura galega e española, e apostou porque "desde Vigo temos que rendirlles unha homenaxe".

O alcalde vigués dixo que o concerto de celebración polos trinta anos de traxectoria de Siniestro Total -a cumprir a finais do mes de decembro- presenta un "formato bastante deseñado", co que será posible presentar este "gran acto", segundo adiantou Caballero, a comezos do mes de xaneiro.
Descargar todas as imaxes