Escoitar

Caballero apoiará que se celebre en Vigo o Congreso español de Telecomunicacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou hoxe luns o seu compromiso para apoiar á Asociación Galega de Telecomunicacións, que pretende organizar en Vigo o seu congreso anual. Segundo indicou, Vigo, que ten escola superior desta materia, é unha ubicación "idónea" para albergar este encontro anual, que atraería a máis de catrocentas empresas.

luns, 21 nov 2011
1321881191instaladores.jpg
Máis de catrocentas empresas de novas tecnoloxías se darían cita en Vigo nun congreso que a Asociación Galega de Telecomunicacións quere organizar nesta cidade. Así llo transmitiron os responsables ao alcalde, Abel Caballero, esta mañá nunha reunión na que lle explicaron que A Coruña e Santiago tamén aspiran a albergar este encontro. O primeiro edil comprometeu "todo o apoio do Goberno" para que finalmente sexa Vigo a cidade escollida, tendo en conta que "contamos coa escola superior de telecomunicacións e "unha grande dimensión neta materia tanto en Galicia como no resto de España".
Descargar todas as imaxes