"O SON DAS ONDAS", unha exposición sobre o Vigo medieval e a lírica trobadoresca<br />
O Museo Municipal "Quiñones de León" remata a mediados do próximo mes de decembro a exposición temporal "O Son das Ondas" que ven de ser amosada dende o pasado mes de maio e que foi organizada polo museo municipal, producida por Editorial Galaxia e Merlín Comunicación e comisariada por Henrique Monteagudo.
"O Son das Ondas. O Vigo medieval e a lírica trobadoresca" confórmase como un fermoso percorrido polo Vigo medieval, a cultura do Reino de Galicia dos séculos XII e XIII, as cantigas, os trobadores e xograres. En sete salas da segunda planta do Pazo de Castrelos O Son das Ondas desprega un excelente itinerario visual no que destaca un facsímil do Códice Calixtino e numerosos instrumentos musicais do medioevo.
Para Monteagudo "a exposición xurde ao redor da figura de Martín Códax, un dos xograres máis coñecidos e valorados da literatura medieval europea para, a continuación, amosar a importancia que tivo Vigo no xurdimento da lírica trobadoresca y e a influenza que exerció no conxunto de Galicia"
A terra e as xentes
Na primeira das salas que compoñen a exposición sitúase o contexto histórico do Reino de Galicia durante a Idade Media, así como os espazos lingüísticos compartidos con Portugal.
Amar amigo
A sala dous mostra cómo a lírica trobadoresca galego-portuguesa se consitúe como a expresión artística máis notable da comunidade lingüística de entón, como pon de manifesto as cortes e as obras poéticas dos reis Afonso X O Sabio e Don Denís de Portugal.
Bailando no sagrado: xograres e santuarios
Nesta parte da exposición aparecen as cantigas. Cantigas de amor, imitación dos modelos occitanos ou as cantigas de amigo, entre as que salientan as cantigas de santuario, fenómeno típicamente galego, con especial arraigo na Galicia suroccidental
Martín Códax: Ondas do mar de Vigo
Chegados ás cantigas "O Son das Ondas" outorga unha sala ao gran xograr de amigo Martín Códax pero tamén ten espazo para Meendiño, cantor da ermida de San Simón. Trátase de dous dos artistas de maior talento poético da lírica medieval europea e ámbolos dous vencellados a Vigo e a súa ría.
Trobar: Letras e son
A testemuña das cantigas atopámola na quinta sala da mostra. Da lírica trobadoresca galego-portuguesa chegaron a nós perto de 1.700 cantigas, correspondentes a máis de 150 autores. As sete cantigas de Martín Códax achegaron, excepcionalmente, nun manuscrito independente -o Pergamiño Vindel- a súa música.
Cabaleiros e trovadores
A sexta das salas que conforman "O Son das Ondas" detense no peso que as familias nobiliarias de Galicia e do norte de Portugal tiveron na puxante vitalidade cultural da sociedade galega da Idade Media.
Vivir en Vigo na Idade Media
Finalmente, a derradeira das salas pecha a mostra cun resumo histórico e xeográfico do Vigo dos séculos XII ata o XV, cando a nosa cidade é recoñecida como vila.
O Concello de Vigo e máis a Editorial Galaxia están a realizar un último esforzo de divulgación desta interesante mostra. Os escolares vigueses están a ser convidados a visitar "O Son das Ondas" agora que restan só unhas semanas para o seu remate. Para a Concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas "O Son das Ondas" é unha excelente ocasión para mergullarnos nun dos capítulos de maior vitalidade cultural da historia de Vigo, e unha boa ocasión para visitar un dos mellores museos de Galicia"
O museo "Quiñones de León" manterá ata febreiro de 2012 a exposición temporal que mostra na primeira planta do Pazo de Castrelos "Vigo, século XIX. O nacimento dunha cidade"
Descargar todas as imaxes