Oito centros de ensino de Vigo participaron nunhas xornadas de igualdade no Verbum
Máis de 350 alumnos de primeiro e segundo de Educación Primaria participaron esta mañá no Verbum en sendas sesión de contacontos sobre igualdade de homes e mulleres. Esta é unha das actividades promovidas pola concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller para conmemorar o 25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero.
A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller son conscientes de que a mellor estratexia para previr a violencia de xénero nas futuras xeracións é traballar cara a consecución real da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Por iso, máis de 350 alumnos , procedentes de oito centros de ensino da cidade, partiparon esta mañá en sendas sesión de contacontos sobre igualdade organizadas no Verbum.
Un ano máis, o departamento dirixido pola concelleira Chus Lago ofrece esta actividade a alunmos de primaria dos centros de ensino públicos da cidade de cara a que os escolares teñan máis información e recursos ao seu alcance no eido da cultura da igualdade. Esta é unha das actividades promovidas pola Concellería de Igualdade para conmemorar o 25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero.
Os centro participantes nesta edición foron: Canivouva, Escultor Acuña, Illas Cíes, Josefa Alonso de Alonso, Virxe do Rocío, Chans Bembrive, Javier Sensat e Emilia Pardo Bazán. Esta actividade cultural volverá a organizarse o próximo xoves, 24 de novembro, no Auditorio Municipal.