Escoitar

Abel Caballero avanza que o xoves remata a construción do túnel do AVE

Despois de manter unha conversa telefónica co director de Infraestruturas Ferroviarias do Ministerio de Fomento, o alcalde anunciou que o próximo xoves a primeira das dúas tuneladoras -a Miñoca- completará o seu traballo coa chegada á boca de saída das mesmas. En 15 ou 20 días rematará o túnel a segunda, a Lebre. "Simbólicamente podemos dicir que o AVE xa está en Vigo", afirmou Caballero.

martes, 22 nov 2011
1321967249FAROCHAPELA357402.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que hoxe martes a tuneladora A Miñoca atópase "escasamente" a 15 metros da boca de saída excavada para a extracción da maquinaria, finalizando así coa construción do túnel de acceso da Alta Velocidade a Vigo, máis de 8 quilómetros desde Redondela ata a nova estación de Urzáiz.

A Miñoca percorrerá os seus últimos metros o próximo xoves e A Lebre, a segunda das tuneladoras, o fará 15 ou 20 dias despois. "Simbólicamente podemos dicir que o AVE xa está en Vigo", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes