Escoitar

O rexedor participa nunha concentración silenciosa en memoria das vítimas de accidentes do tráfico

Acompañado por máis de 200 alumnos de 4º da ESO do IES O Castro, Abel Caballero, participou hoxe nun acto conmemorativo das persoas que perderon a vida nas estradas galegas no que vai de ano. Esta é unha das iniciativas que a Policía Local e a ONG Stop Accidentes poñen en marcha con motivo do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Tráfico. A pesares de que desde 2003, o número de falecidos diminúe progresivamente, en España 2.000 persoas perderon a vida en accidentes de circulación, mentras que esta cifra é de máis de 200 en Galicia. No caso de Vigo, no que vai de ano, as vítimas se sitúan en 3, seis menos que no 2010 e dous menos que no 2009.

xoves, 24 nov 2011
1322151226trafico.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou hoxe na Porta do Sol nun acto conmemorativo das persoas que perderon a vida na estradas galegas no que vai de ano. Un grupo de 200 estadantes de 4º da ESO do IES O Castro acudiron esta mañá á Porta do Sol para formar parte dunha concentración silenciosa en memoria dous máis de douscentas persoas que este ano faleceron en accidentes de tráfico na nosa comunidade.

Este acto organizado polo equipo de Educación Vial da Policía Local e a ONG Stop accidentes, é unha das iniciativas postas en marcha con motivo do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Tráfico, que este ano se celebra o domingo 27 de novembro. A pesares de que desde 2003, o número de falecidos diminúe progresivamente, en España 2.000 persoas perderon a vida en accidentes de circulación, mentras que esta cifra é de máis de 200 en Galicia. No caso de Vigo, no que vai de ano, as vítimas se sitúan en tres, seis menos que no 2010 e dous menos que no 2009.

Mañá venres, 25 de novembro, o Centro Cívico de Teis acollerá a partir das 18,00 horas a proxección do documental Dousdevintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento, dirigido por Manu Mayo. A entrada será de balde ata completar o aforo.

Asimesmo, o domingo 27, o equipo de Educación Vial da Policía Local, en colaboración con Stop Accidentes, organiza unha marcha ciclista que partirá ás 10,00 horas do paseo de Montero Ríos (concentración ciclista desde as 09,00 horas) e unha marcha motorista que partirá ás 11,00 horas do Monte da Guía (concentración motorista desde as 10,30 horas). Os participantes de ámbalas dúas marchas achegaránse á Praza do Rei a partir das 11,30 horas, onde terá lugar un acto conmemorativo, no que participará o alcalde de Vigo, en recordo das persoas que perderon a vida nas carreteras no que vai de ano.
Descargar todas as imaxes