O alcalde subliña o "compromiso político" cumprido coa finalización do túnel do AVE de Vigo
Abel Caballero, xunto co Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, asistiu este xoves á chegada da primeira tuneladora ao centro de Vigo, completando os 8,2 quilómetros de percorrido desde Redondela. "Hoxe Vigo ve a luz ao final do túnel", aseverou o alcalde, tras máis de dous anos e medio de traballos, pois "hoxe conclúe simbólicamente" a chegada do AVE á cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu no nome da cidade ao ministro de Fomento, José Blanco, levar adiante este "compromiso político" feito hoxe xoves realidade co remate do túnel.
"A Miñoca" conclúe hoxe o seu percorrido de 8,2 quilómetros desde Redondela e "A Lebre" a completará en dúas semanas. Caballero indicou que falta continuar a excavación para construir a nova estación do AVE de Urzáiz, deseñada por Thom Mayne, da que o rexedor indicou que non permitirá "nin unha característica menos do que estaba previsto" no proxecto inicial.
Abel Caballero recoñeceu a laboura do Ministerio de Fomento, das empresas construtoras e dos traballadores, tras máis de dous anos e medios de traballo. O alcalde recordou que a chegada da Alta Velocidade ten tamén visibilidade na nova estación ferroviaria de Guixar, operativa para poder derrubar a antiga terminal de Urzáiz, onde erguerase a que acollerá o AVE. "Esto é o que esta cidade reclama e este goberno está a facer realidade", afirmou o alcalde.
Descargar todas as imaxes