Cursos da Concellería de Xuventude
A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos que comezarán o mes de decembro:monitor de tempo libre,manipulación de alimentos,xestionar un proxecto xuvenil con ferramentas en rede,iniciación a OpenOffice, creación de webs e blogs e taller de horta urbana ecolóxica.
CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE
Convoca: Concellería de Xuventude
Contido: Curso de monitores/as de actividades de tempo libre, con titulación oficial expedida pola Xunta de Galicia.
Destinatarios: Mozos/as empadroados/as na cidade de Vigo, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, ambos incluídos, interesados/as no tempo libre. Deberán estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.
Descrición: Curso coordinado pola Escola de tempo libre Xaruma e coa colaboración de Novagalicia. O curso consta dunha fase teórico-práctica de 200 horas lectivas. Deberase asistir como mínimo ao 80% das horas. Ao rematar esta fase haberá que realizar 150 horas prácticas nunha entidade ou 12 días nun campamento. Para esta fase práctica contarase en todo momento co asesoramento da organización.
Prazas e lugar: 25 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición previa entrega da documentación requirida. Celebrarase nas dependencias da Casa da Xuventude en López Mora nº 31.
Prezo: 158€
Datas: Inicio o 30 de decembro de 2011 de 16,00hs a 20,00hs e as fin de semana de xaneiro, febreiro e marzo de 2012 en horario de 10 a 14,00hs e de 16 a 20,00hs.
Prazo e lugar de inscrición: Dende o 28 de novembro a partir das 10hs e ata cubrir prazas. Na Casa da Xuventude (López Mora nº 31)
Máis info: www.xuventudevigo.org Casa Xuventude (986.294806) Punto Xove (986.223004) Vigosónico (608848989) Súbete ao Castro (986.485541)
CURSO GRATUÍTO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS
Obxectivo: Curso de formación en temas sanitarios de manipulación hixiénica de alimentos. Homologado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Destinado a: Mozos e mozas ata os 35 anos de idade do Municipio de Vigo.
Datas e horario: 23 de decembro de 10,00hs a 13,00hs
Lugar: No Punto Xove
Inscrición: Dende o día 12 de decembro ás 10hs e ata cubrir prazas, no Punto Xove (López de Neira nº27).
Documentación para inscrición: Fotocopia do DNI, volante de empadroamento no Municipio de Vigo e cubrir a ficha de inscrición.
Máis info: www.xuventudevigo.org e nos espazos da Concellería de Xuventude.
CURSO " XESTIONANDO O NOSO PROXECTO XUVENIL CON FERRAMENTAS EN REDE"
Convoca: Concellería de Xuventude
Descrición: Coñecer e saber usar as ferramentas que proporciona a rede para xestionar optimamente un proxecto xuvenil dunha entidade. E proporcionar recursos para que estas aplicacións poidan ser empregadas polos membros dunha asociación xuvenil en solitario ou en colaboración con outras entidades.
Destinatarios/as: Directivos/as de asociacións xuvenís e membros de entidades xuvenís ou grupos xuvenís que desenvolven algún proxecto. Deberán ter residencia na cidade de Vigo.
Datas e lugar: ,Os días 26,27, 28 e 29 de decembro de 2011. No Punto Xove (López de Neira nº 27)
Inscrición e documentación: Cubrir a ficha de inscrición+ volante de empadroamento+ fotocopia do DNI. Será por rigoroso orde de inscrición. Inscrición no Punto Xove.

Curso de iniciación a OpenOffice
Obxectivo: Iniciar aos/ás asistentes no uso básico das aplicacións incluídas na suite OpenOffice ( tratamento de texto, folla de cálculo, presentacións e base de datos).
Destinatarios/as: 15 participantes máximo. Mozos/as de ata 35 anos máximo. Empadroados no Municipio de Vigo e con coñecementos básicos de informática.
Contidos: Writer/Escritor 15hs. Calc 15hs. Impress 10hs. Base 5hs.
Duración e lugar: 45hs en total. Na Casa da Xuventude. Inicio: 19 de decembro de 2011 e continuación en xaneiro de 2012.

Curso de creación de webs e blogs
Obxectivo: Iniciar aos/ás asistentes na elaboración de webs coa filosofía web 2.0 de xeito que ademáis de coñecer basicamente a linguaxe de programación de web, tamén se faga un achegamento aos blogs e ás redes sociais. Elaborar a web personal ou do colectivo xuvenil que participe.
Destinatarios/as: 15 participantes máximo. Mozos/as do Municipio de Vigo con interese en adquirir competencias básicas en creación de webs e integración coas redes sociais.
Contidos: Conceptos básicos. Estruturación e deseño xeral. A linguaxe HTML. Follas de estilos CSS. Uso de DIVS ou Capas. O texto na web. Traballar con enlaces. As tabulas. Imaxes. Formularios. Perspectiva sobre outro tipo de formatos. Publicación Online. Outros aspectos.
Duración e lugar: 15 sesións de 3 horas, en total 45hs. Inicio o día 30 de decembro e continuación durante xaneiro de 2012.

TALLER DE HORTA URBANA ECOLÓXICA
Convoca: Concellería de Xuventude
Lugar: Exteriores da Casa da Xuventude.
Obxectivos:
Sensibilizar á mocidade en materia ambiental e de sustentabilidade.
Dar a coñecer os fundamentos da agricultura ecolóxica.
Fomentar unha alimentación máis saudable entre a mocidade.
Dotar dos coñecementos precisos para crear hortas de xeito autónomo.
Destinado a: Mozas e mozos de Vigo ata os 35 anos de idade e con interese neste tema. No caso de menores de idade deberán traer unha autorización materna/paterna ou do seu titor/a.
Inicio en decembro de 2011.