Escoitar

Caballero presenta en Vigo Galtuk, "un dos mellores espectáculos" circenses do mundo

La Fiesta Escénica volverá a traer a Vigo un dos "mellores espectáculos" circenses do mundo a partir del próximo día 16. O paseo de Samil será o espazo no que centos de artistas den vida a "Galtuk", con 31 funcións durante 20 días. Así o explicou hoxe o alcalde nunha rolda de prensa na que, acompañado por parte dos artistas, animou a todos os vigueses a disfrutar do espectáculo.

luns, 5 dec 2011
1323096149circo.BMP
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou na mañá de hoxe luns un dos "mellores espectáculos circenses do mundo" que, desde o día 16 de decembro ata o 8 de xaneiro, funcionará en Samil ofrecendo 31 funcións ao longo destes 20 días. La Fiesta Escénica regresa a Vigo con un show de gran formato, "Galtuk", para o que se fixo un casting no Auditorio Municipal para encontrar novos talentos que xa forman parte do show. Durante a presentación, o rexedor loubou a calidade dos artistas, que chegan de diferentes puntos do mundo, e animou a todos os vigueses a disfrutar deste espectáculo nestas datas do Nadal.

Caballero, acompañado polos artistas, vaticinou que "Galtuk" emulará o éxito de Castrelos Circus, a última produción que a compañía presentou en Vigo no pasado verán. O prezo das entradas oscila entre os 8 e os 32 euros e se porán a venta a través de Servinova e na taquilla, dúas horas antes de cada show.


Descargar todas as imaxes