Escoitar

O alcalde apunta a "dar impulso" a ProVigo e centrar a súa actividade en temas estratéxicos para a cidade

O alcalde de Vigo reuníuse este luns co novo xerente da Fundación ProVigo, José Manuel García Orois, quen defendeu "dar impulso" á entidade definindo os "temas de gran consenso" en Vigo nos que volcar a súa actividade. Orois transmitiu a Caballero que prácticamente todos os membros de ProVigo avogan por manter a actividade estratéxica da Fundación, que celebrará a reunión do seu Padroado o día 20 deste mes.<br />

luns, 5 dec 2011
1323096219orois.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que a Fundación ProVigo impulsará o seu carácter estratéxico e traballará nos temas de cidade nos que poida e deba haber unanimidade.

Tras unha reunión co novo xerente, este informoulle ao rexedor e presidente de ProVigo dos contactos que está a manter cos membros da Fundación, quenes considérana "unha institución importante ou moi importante", avogando por mantela.

"Nesta liña imos tratar de ir", indicou Abel Caballero, tras o que adiantou que o 20 de decembro reunirase o Padroado da Fundación e despois celebrarase un encontro cos seus membros para "dar impulso" e sinalar os "temas de gran consenso" nos que poida centrarse ProVigo.
Descargar todas as imaxes