luns, 5 decembro 2011

Caballero "dará instruccións" a Aqualia para que non comece a cobrar a auga ás entidades sociais

O alcalde de Vigo "non contempla a hipótese" de que institucións sociais como a clínica San Rafael ou os Hermanos Misioneres dos Enfermos pobres, entre outras, empecen a pagar o recibio de auga, despois de levar máis 20 exentos por ser institucións municipais. Logo de reunirse co responsable da clínica San Rafael, José Antonio Atienza, avanzou que "dará instrucións" para que non teñen que pagar "porque non creo que se teña producido nada que xustifique este cambio".

O alcalde apunta a "dar impulso" a ProVigo e centrar a súa actividade en temas estratéxicos para a cidade

luns, 5 dec 2011

O alcalde de Vigo reuníuse este luns co novo xerente da Fundación ProVigo, José Manuel García Orois, quen defendeu "dar impulso" á entidade definindo os "temas de gran consenso" en Vigo nos que volcar a súa actividade. Orois transmitiu a Caballero que prácticamente todos os membros de ProVigo avogan por manter a actividade estratéxica da Fundación, que celebrará a reunión do seu Padroado o día 20 deste mes.<br />

Caballero presenta en Vigo Galtuk, "un dos mellores espectáculos" circenses do mundo

luns, 5 dec 2011

La Fiesta Escénica volverá a traer a Vigo un dos "mellores espectáculos" circenses do mundo a partir del próximo día 16. O paseo de Samil será o espazo no que centos de artistas den vida a "Galtuk", con 31 funcións durante 20 días. Así o explicou hoxe o alcalde nunha rolda de prensa na que, acompañado por parte dos artistas, animou a todos os vigueses a disfrutar do espectáculo.

Xuventude organiza un Campamento de Nadal

luns, 5 dec 2011

A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición para participar no Campamento de Nadal os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e 2, 3, 4, 5 de xaneiro con fin de conciliar a vida laboral e familiar, traballando a interculturalidade cos nenos e nenas, a través das tradicións de Nadal en diferentes países do mundo.

"Un mar de mulleres" exposición no Punto Xove

luns, 5 dec 2011

Un mar de mulleres é un proxecto de divulgación que tenta trasladar a situación da muller no ámbito laboral do mar nas costas da Ría de Aldán, Ría de Vigo e Baixo Miño, e que se pode ver no Punto Xove do 5 ao 23 de decembro do 2011.

Concerto de Isga Collective no Auditorio Municipal

luns, 5 dec 2011

A Concellería de Cultura e Festas colabora coa productora Músicas do Sul no concerto que ofrecerá Isga Collective no Auditorio Municipal o próximo mércores 7 de decembro ás 21.00 horas. O acceso é gratuíto ata completar aforamento; ás invitacións pódense recoller no despacho de billetes 60 minutos antes.<br /> <br />