Caballero compromete apoio económico e unha sede ao Instituto de Estudios Vigueses
O Instituto de Estudios Vigueses e o Concello de Vigo inician unha etapa de entendemento que permitirá que a institución sega a facer o seu traballo en pro da cultura da cidade. Así o explicou o alcalde, logo de manter esta mañá coa nova xunta directiva da asociación, quen avanzou que a sede provisional do Instituto será o edificio municipal de Areal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta mañá que o Instituto de Estudios Vigueses terá a súa sede provisional no edificio municipal de Areal, logo de manter unha xuntanza coa nova directiva. O fondo bibliográfico da entidade, tamén será trasladada provisionalmente a un depósito, en tanto "non atopemos unha ubicación definitiva idónea". O rexedor, quen cualificou o encontro de "moi satisfactorio e fluído", dixo que permitiu avanzar sobre o futuro do Instituto, que terá que asumir unha figura xurídica que lles permita recibir os apoios do Concello de xeito directo.
Nesta liña, explicou que xa deu instrucións para que lle envíen o programa de actividades de 2012 para proceder asinar un convenio e que poidan recibir subvención para que sigan a facer un traballo "francamente" bo e proseguiu asegurando que "teñen moito que dicir" porque Vigo, dixo, "ten que seguir estudando o seu proceso de autoidentificación, e, nesta nova etapa que comeza -engadiu- Estudios Vigueses será un factor de apoio para continuar no coñecemento da nosa historia e da nosa propia identificación".