Escoitar
ANUNCIO DE FESTAS

Concurso "Vente cos Reis Magos 2011-2012"<br />

O obxecto deste concurso é seleccionar a corenta nenos e nenas para acompañar os Reis Magos na Cabalgata de Reis 2012.<br />

luns, 12 dec 2011
Poderán participar todos os nenos e nenas da cidade nacidos entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 2003, ambos inclusive.

As solicitudes poderán depositarse nunha caixa de correos doCarteiro instalada na Lonxa do Concello e nos Centros Cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns.

O prazo de inscrición comezará o día 15 de decembro e finalizará as 20:00 horas do día 20 de decembro.

O sorteo realizarase o día 22 de decembro, ás 12:00 horas na Casa do Concello.

A inscrición no concurso supón a aceptación das bases aprobadas pola Xunta de Goberno do 2 de decembro de 2011.