venres, 16 decembro 2011

O rexedor sinala que o goberno local adicou este ano 600.000 euros ao asociacionismo vigués

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe venres o outorgamento de 342.000 euros en concepto de subvencións a 110 asociacións da cidade, para actividades, mantemento, obras e equipamento, correspondente ao 2011. Este ano, o goberno de Vigo tamén adicou outros 258.000 euros a convenios con asociacións, en total 600.000 euros. Caballero valorou esta "partida significativa para fomentar o asociacionismo"<br />

Caballero participou na entrega da sexta edición do concurso de Tapas Vigovello

venres, 16 dec 2011

O Mercado do Berbés foi o lugar encollido para outorgar os premios no concurso de Tapas Vigovello que este año alcanzou a súa sexta edición. O rexedor municipal participou na entrega destes recoñecementos en apoio a unha das iniciativas que, con respaldo do Concello, tratan de dinamizar un dos cascos históricos da cidade.

Anuncio do Servizo de Participación Cidadá

Obradoiros infantís de nadal

venres, 16 dec 2011

A Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, organiza obradoiros infantís en horario de mañá, do día 23 de decembro ao 5 de xaneiro nos seguintes centros cívicos:

Os escolares de Vigo poderán participar desde xaneiro nun concurso sobre a historia de Vigo a través dun videoxogo

venres, 16 dec 2011

Os alumnos do Seis de Nadal probaron hoxe o videoxogo Viaxe as Covas do Folón nunha primeira proba para aportar suxerencias antes de que a principios do ano que ven os alumnos de Vigo poidan participar no concurso. Trátase dunha ferramenta que conxuga novas tecnoloxías e lecer para achegarse á lingua galega e a historia da cidade.

I Roteiro en Feminino Sons de Mulleres

venres, 16 dec 2011

A Concellería de Igualdade e Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) inaugura no sábado, dia 17 de decembro, en Vigo, o I Roteiro en Feminino Sons de Mulleres, co obxectivo de rendir unha homenaxe a todas as mulleres que individual ou colectivamente foran protagonistas e pioneiras, co seu traballo, a súa sabiduría, a sua rebeldia…

Bases do VI concurso do carteis Festa da Reconquista da Vila de Vigo

venres, 16 dec 2011

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2012, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (AVC Casco Vello) en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.O prazo de presentación é do 10 de decembro do 2011 ao 13 de xaneiro do 2012. <br />

Ocio e cultura

venres, 16 dec 2011

Esta fin de semana o Concello programa nunha ampla oferta de actividades de ocio e cultura para todos os públicos. Toda a oferta municipal en vigocultura.org

Bando de Seguridade, Transporte e Mobilidade

BANDO DE ARTIFICIOS PIROTÉCNICOS<br />

venres, 16 dec 2011

Ante a proximidade das festas de nadal onde prolifera a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos,bengalas,tracas, etc.....), lémbrase a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.<br />