Escoitar

O alcalde anuncia a aprobación do Plan de Inspección Urbanística de Vigo para 2012

A Xerencia de Urbanismo desta mañá deu luz verde ao Plan de Inspección Urbanística de 2012 co obxectivo de "previr e combater" as infraccións urbanísticas na cidade. Na mesma sesión, anunciou o alcalde, deuse conta da xestión de licencias de obra e de actividade cun investimento global de 619.000 euros.

venres, 16 dec 2011
1324047429prensa.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta mañá a aprobación do Plan de Inspección Urbanística de 2012 que terá o obxectivo de "previr e combater as infraccións urbanísticas, velando, sobre todo, pola saúde das persoas. Segundo indicou o rexedor, a sesión da Xerencia de Urbanismo , asimesmo, propúxose elevar á Xunta de Galicia a designación de un único representante municipal nas xuntas de compensación , que será unha arquitecta municipal experta en xestión urbanística. Este trámite técnico, apuntou, ten importancia porque simplificará a xestión e tramitación tanto á Xerencia de Urbanismo como ás entidades urbanísticas, reducindo a carga administrativa e axudando a que a relación entre a Administración e os administrados sexa máis fluída.

Por outra banda, na reunión semanal de urbanismo, deuse conta da concesión de 15 licencias de obras para un investimento de 341.000 euros e catro licenzas de actividade para un investimento de 277.000 euros. Falamos, por tanto -indicou o rexedor- dunha xestión de máis de 600.000 euros. Caballero, quen constatou que actividade da Xerencia é cada día máis intensa, recordou que esta semana reuniuse a Comisión de contratación para o derribo do edificio de Churruca 3-5 para valorar as nove empresas que presentaron oferta. Nesa avaliación técnica, determinouse que 4 das aspirantes podían incorrer en baixa temeraria polo que a mesa de contratación decidiu posponer a adxudicación ata a próxima semana, para que as empresas poidan xustificar que coa súa oferta poden facer fronte á demolición.


Por último, explicou que tamén se celebrou a mesa de contratación para o alleamento dunha parcela en Cabral, que foi adxudicada por 198.000 euros máis IVA e que se iniciou a demolición e urbanización da actuación no interior da mazá do polígono 11 do Calvario.

Descargar todas as imaxes