I Roteiro en Feminino Sons de Mulleres
A Concellería de Igualdade e Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) inaugura no sábado, dia 17 de decembro, en Vigo, o I Roteiro en Feminino Sons de Mulleres, co obxectivo de rendir unha homenaxe a todas as mulleres que individual ou colectivamente foran protagonistas e pioneiras, co seu traballo, a súa sabiduría, a sua rebeldia…
Elas foron quen de ir abrindo camiño, tecendo a história de Vigo, unha história que silencia en xeral o grande labor das mulleres, por iso este recoñecemento para que a memoria e a historia den o protagonismo que corresponde ás mulleres.
O Roteiro descurre por quince puntos da cidade cos que se quere visibilizar as mulleres e que a cidade de Vigo poña en valor a igualdade tan necesaria para construir unha sociedade democrática. Comezará de modo guiado ás 11:00 h. na praza 8 de Marzo, inaugurada en 2002 como un lugar para a reflexión lúdica e reivindicativa da situación actual das mulleres e un espazo integrador para a mostra de propostas creativas.
Descurre pola Casa das Mulleres (Rua Romil, 20), reivindicación histórica do feminismo e realidade desde 2002, un espazo onde todas somos nós; o lavadoiro A barroca (Poboadores) lugar para a comunicación fora do ollo patriarcal; a Praza da Ribeira do Berbés, a imprenta Juan Compañel (Rua Real, 12) onde se imprimiu en 1863 Cantares gallegos de Rosalía de Castro; a Estación Marítima, como testemuña da emigración, un éxodo que afectou por igual a homens e mulleres a comezos do século XX; as ruas Pescadería e Cesteiras, enclaves tradicionais de traballos das mulleres; o mercado da Praza da Constitución; ou o Centro de Documentación e Recursos Feministas (Biblioteca Central) a única existente na Galiza.
O Roteiro continua despois pola rua do Príncipe, con unha parada dedicada a Olimpia Valencia (rua do Príncipe, 11) a primeira muller galega licenciada en medicina e con outras duas paradas (no Círculo Mercantil e no Marco, antiga cárcere de Vigo) nas que se lembra a duas vítimas do fascismo. A primeira, Rosario Hernández Diéguez, A Calesa (Vigo, 1916-1936), filiada á UGT e vendedora de xornais torturada e asasinada por unha esquadra da Falanxe. E a segunda, Urania Mella Marco (Vigo, 1900- Lugo, 1945), presidenta da "Union de Mujeres Antifascistas de Vigo", alfabetizadora e mestra de piano, que foi detida pela sua traxectória e condenada a morte. Foille comutada a pena por doce anos de cárcere, e morreu un mes depois de recuperar a sua liberdade.
Despois dunha parada no Espazo contra a Violéncia de Xénero (rua Ronda don Bosco) onde se situa un marcador electrónico que sinala o número de mulleres asasinadas durante o ano no conxunto do Estado, o Roteiro remata na rua Concepción Arenal, 6, cunha lembranza ás pedagogas e educadoras Concepción Arenal (Ferrol 1820-Vigo, 1893), Ernestina Otero Sestelo (Redondela 1890-1956) e Antía Cal (La Habana, 1923).
Ao remate deste percorrido guiado polo roteiro, terá lugar no MARCO ás 12:30 h. un acto de presentación deste proxecto que consistirá nunha combinación da palabra con as artes escénicas e musicais, e que está aberto à toda a cidadania até completar o aforo.
Descargar todas as imaxes