Escoitar

O rexedor destaca que Vigo é a cidade máis solidaria con Haití de toda Galicia

Vigo recibiu hoxe, na persoa do seu alcalde, o agradecemento dos responsables do Fondo galego de Cooperación con Haití por ser o Concello galego que máis fondos adicou a este fin humanitario. Ademais, o rexedor explicou que o Concello investiu en causas solidarias preto de 120.000 euros nos últimos exercicios.

venres, 16 dec 2011
1324047584fondo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu esta mañá a responsables do Fondo Galego de Cooperación con Haití, un encontro no que os representantes da ONG lle transmitiron o agradecemento á cidade por ser a urbe galega que máis fondos adica a este país. Durante o encontro, segundo manifestou Caballero, foi informado de que os cartos dos vigueses se están a gastar en reforestar e construír prantas potabilizadoras en zonas devastadas para obtener auga potable libre de bacterias que provocan grandes epidemias.

O rexedor, quen explicou que o Fondo Galego xa sabía da circunstancia técnica que obrigou a un retraso no pago dos 54.000 euros comprometidos, insistiu en que o obxectivo da visita foi "recoñecer o esforzo solidario da cidade". Na mesma liña, engadiu, o Concello adicou a investimentos solidarios preto de 120.000 euros e -avanzou - "desde logo, imos seguir atendendo á solidariedade de tantas asociacións que o precisan", enumerando entre outras, a Solidariedade Pobo Saharaui, a Asociación de Ayuda aos enfermos Síquicos Doa, entre outras.
Descargar todas as imaxes