Aberta a XI edición da campaña "De boa man"
A concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, visitou hoxe martes as carpas da campaña "DE BOA MAN", instaladas na rúa do Principe esquina con Velazquez Moreno e que permanecerán ata o día 16 de decembro en horario continuado, de 10.00h a 20.00h. Esta campaña, ten por obxecto involucrar a todo o tecido social da cidade cara á integración social das persoas con discapacidade, así como, ofertar un comercio alternativo e máis solidario.
Participan oito entidades de persoas con discapacidade, DOA, APAMP, ASPANAEX, SAN RAFAEL, FUNDACIÓN MENELA, ALENTO, ASPAVI e FAMFIP – COGAMI, que expoñen e venden, os artigos e produtos realizados polos usuarios dos seus centros, nunha carpa instalada na rúa Príncipe esquina Velázquez Moreno.