O alcalde anuncia a adxudicación provisional de humanizacións de rúas por máis de 15 millóns
A Xunta de Goberno Local validou este venres a clasificación de ofertas das obras de humanización de Doutor Marañón, Pintor Colmeiro, Menéndez Pelayo, Brasil, as segundas fases de Ramón Nieto, Aragón e Martínez Garrido, Nicaragua e un pequeno treito da Avenida Castelao, a iniciar nun prazo aproximado de dous meses. Caballero resaltou que "queremos seguir facendo humanizacións en todo Vigo porque é o que a cidade demanda e é o noso compromiso político e electoral con esta cidade".