Escoitar

Siniestro Total celebrará en Vigo o seu trixésimo aniversario coa suite sinfónica Land of Opportunity

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este xoves o concerto de aninovo que ofrecerá Siniestro Total no Teatro García Barbón para conmemorar os seus 30 anos de traxectoria musical. A "suite sinfónica suicida" Land of Opportunity unirá o rock dos vigueses coa música contemporánea do Taller Atlántico Contemporáneo o próximo 4 de xaneiro ás 21:30 horas, con entradas á venda desde 12 euros.

xoves, 22 dec 2011
1324559969siniestro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou a traxectoria profesional da mítica banda viguesa e definiu de "moi interesante" a proposta plantexada por Siniestro Total, en colaboración co Taller Atlántico Contemporáneo (TAC). O goberno local apoia a iniciativa por ser Vigo "xerme da calidade artística e da música", segundo expresou Caballero.

O líder de Siniestro Total, Julián Hernández, agradeceu o respaldo do alcalde e do Concello á proposta, tras o que explicou que o espectáculo sumará os temas clásicos dos vigueses con algunha nova composición, relacionándose para dar sentido á historia que narra Land of Opportunity, unha "suite sinfónica suicida" que subirá ao escenario a unha veintena de músicos.

O director do TAC, Diego García Rodríguez, apuntou que o traballo co grupo vigués foi "unha das experiencias máis bonitas que tivemos" e cualificou Land of Opportunity como "unha obra total" que reinterpreta o repertorio de Siniestro Total cunha nova linguaxe.

O concerto polo trixésimo aniversario de Siniestro Total terá lugar no Teatro García Barbón o próximo 4 de xaneiro, ás 21:30 horas. As entradas poden ser adquiridas desde 12 a 20 euros en venda anticipada.
Descargar todas as imaxes