Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 22 dec 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 23 DECEMBRO DE 2011.


1.- Acta da sesión ordinaria do 16 de decembro, extraordinarias e urxentes do 19, 20, e 21 (dúas sesións) de decembro de 2011.

ALCALDÍA
2.- Corrección de erros do acordo da X. Goberno local do 25.11.11 sobre concesión de subvención a favor de Schoolhouse C.B. Expte. 7827/101.

BENESTAR SOCIAL
3.- Corrección de erros do acordo da X.Goberno local 14.10.11 sobre "resolución das axudas municipais escolares de libros, material e comedor, curso 2011-2012 (2ª resolución parcial)". Expte. 70063/301.

4.- Indemnización substitutiva por importe de 24.670,85 € a Securitas Seguridad España S.A. polos servicios de seguridade nas instalacións de Cedro. Expte. 1715/315.

CONTRATACIÓN
5.- Clasificación de ofertas para a contratación do servizo de recollida, transporte e entrega a xestor autorizado dos residuos procedentes de construcións e demolicións xerados polo Taller do Servizo de Vías e Obras. Expte. 947/440.

6.- Clasificación de ofertas para a contratación das obras do proxecto de mellora de beirarrúas na avenida de Castelao. Expte. 984/440.

7.- Adxudicación de alleamento de vehículos e maquinaria para chatarra. Exptes. 3762/241,3772/241, 3815/241, 3829/241.

8.- Devolución de garantías:
a) Iturri S.A. Expte. 3838/241.
b) Asociación Mulleres Progresistas. Expte. 3886/241.

CULTURA
9.- Indemnización substitutiva por importe de 24.654,32 € a Servizos Securitas S.A. pola realización de servizos de vixilancia en dependencias culturais, de setembro a decembro de 2011. Expte. 13602/331.

10.- Indemnización substitutiva por importe de 80.941,64 € a Securitas Seguridad España S.A-Securitas Sistemas de Seguridad S.A. UTE polos servizos de vixilancia en dependencias culturais, de setembro a decembro de 2011. Expte. 13605/331.

DEPORTES
11.- Proposta de autorización ao Club de Atletismo Vigo para organizar a "Carreira San Silvestre 2011" o día 31.12.11. Expte. 10736/333.

12.- Proposta de autorización para realizar "campamentos urbanos no Nadal" á empresa concesionaria da contratación da xestión do Servizo público con construción de obra para as piscinas cubertas nas parcelas do PERI-4 Barreiro II e na praza central do Polígono do PERI II-12 A Forida B. Expte. 11030/333.

13.- Proposta de autorización a D. David Posada González para a organización da "I Carreira popular correndo por Vigo" o día 8.01.12. Expte. 10754/333.
FOMENTO
14.- Indemnización substitutiva por importe 11.764,71 € a Martín Lamas Arquitectura S.L. en concepto de honorarios pola redacción do proxecto para obras de construcción da Escola Infantil na rúa Ramón Nieto nº 302 Lavadores. Expte. 1194/440.

LIMPEZA
15.- Adhesión do Concello de Vigo ao Convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestións (SIX'S) de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE'S) na Comunidade Autónoma de Galicia. Expte. 3119/252.

MUSEOS
16.- Indemnización substitutiva por importe de 40.955,55 € a Vigilancia Integrada S.A. polos servizos de custodia de obras de arte da Colección do Museo municipal por exposición na Pinacoteca Municipal (maio-agosto 2011). Expte. 4492/337.


NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
17.- Renuncia expresa da subvención concedida á Asociación veciñal "Camiño Vello" de Coia. Expte. 1363/334.

18.- Dar conta da relación de expedientes de contratación de gasto menor tramitados polo Servizo de Normalización Lingüística durante o mes de novembro de 2011. Expte. 1384/334.


PARTICIPACIÓN CIDADÁ
19.- Indemnización substitutiva por importe de 59.556 € a Outsourcing Singno Servicios Integrales Grupo Norte S.L. polos servizo de atención telefónica 010. Expte. 2366/321.

PATRIMONIO
20.- Indemnizacións substitutiva por importe de 167.206,51 € a favor de Limpezas del Noroeste S.A. pola limpeza das dependencias do Concello de Vigo (xullo 2011). Expte. 19263/240.

21.- Resolución das alegacións formuladas no expediente de recuperación de oficio da posesión municipal da zona porticada sita a nivel da planta baixa do edifico nº 10 da rúa Couto de San Honorato. Expte. 19283/240.

PATRIMONIO HISTÓRICO
22.- Corrección de erros no acordo da X.Goberno local do 18.11.11 sobre expropiación forzosa área dotacional 6 (Abeleira Menéndez 14 E Ferrería 1). Expte. 4934/307.

RECURSOS HUMANOS
23.- Recurso de alzada interposto por D. Eduardo Segura Domínguez contra proposta de nomeamento para provisión dunha praza de alguacil da OEP 2008. Expte. 22588/220.

24.- Modificación puntual da vixente relación de postos de traballo (servizo Policía Local EVAP). Expte. 34998/212.

TURISMO E COMERCIO
25.- Corrección de erros no acordo da X.Goberno local do 18.11.11 de adxudicación de dez bolsas de formación para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos no período 16 de novembro 2011 ao 15 de novembro de 2012. Expte. 4079/104.

26.- Proposta de aprobación das Normas xerais do Mercado Municipal de Cabral. Expte. 5321/551.

URBANISMO
27.- Designación de representante municipal nas entidades urbanísticas colaboradoras xa constituídas. Expte. 5043/401.

28.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 23 de decembro de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 22 de decembro de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,

Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.