O rexedor subliña que o Goberno outorgou 1.071 bolsas de inglés cun investemento de 2,5 millóns nos últimos catro anos
O alcalde de Vigo informou de que nos últimos catro anos 1.071 viguesas e viguesas disfrutaron dunha bolsa de inglés, o que supuxo un investimento de 2,5 millóns de euros. A Xunta extraordinaria de Goberno desta mañá, segundo explicou o rexedor, deu luz verde a outras 72 bolsas de idiomas para a Escola Oficial, por un valor de 100.000 euros.<br />
A Xunta de Goberno local deste mércores deu luz verde a 72 novas bolsas de idiomas, neste caso para a Escola Oficial, por un valor de 100.000 euros. Tal e como explicou o rexedor, este centro "de grande calidade no ensino" elexiu aos beneficiarios e o Concello financia. En concreto, se sufraga a estancia durante dúas semanas, gastos de viaxe de ida e volta desde Vigo, aloxamento, gastos de matrícula do curso intensivo nun centro académico do país, cun programa de clases de entre 20 e 30 horas semanais, en réxime de inmersión lingüística.
O rexedor subliñou que, coas aprobadas hoxe, suman un total de 1.071 bolsas de idiomas as que outorgou o Goberno municipal nos últimos catro anos, o que supuxo un investimento de 2.5 millóns de euros.
Instalacións eléctricas
Na reunión do Goberno de esta mañá tamén se aprobaron 75.000 euros de gasto para subsanar defectos nas instalacións eléctricas dos colexios, un gasto "que non se ve pero moi importante porque é fundamental na confianza e na calidade de servizos como a calefacción".
Severino Cobas
Na Xunta extraordinaria deuse luz verde, asimesmo, a tres certificacións de acopio de materiais por máis dun millón de euros para os traballos de humanización de Severino Cobas. Trátase, explicou o alcalde, de usar uns recursos do ano 2011 para que xa queden materializados nesta obra que "vai a moi bo ritmo", engadiu, empezou o pasado mes de novembro e conta un investimento superior a tres millóns de euros.