Escoitar

Caballero presenta a nova edición do festival solidario Vigolandia, un "lugar de entretemento para toda a familia"

O alcalde de Vigo, xunto á concelleira de Cultura e ao xerente do IFEVI, presentou este martes a novena edición de Vigolandia, que celebrarase en Cotogrande do 26 ao 30 de decembro. O evento, que reúne a numerosos patrocinadores, ofrece un concurso de pintura, un espectáculo de maxia e múltiples actividades para nenos, adicando toda a recadación á asociacións solidarias de Vigo.

martes, 20 dec 2011
1324385371vigolandia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este martes a novena edición de Vigolandia, un "lugar de entretemento para a toda a familia" que celebrarase no IFEVI do 26 ao 30 de decembro.

Segundo detallou Caballero, o Concello e o IFEVI organizan o evento coa colaboración e o patrocinio de numerosas federacións e entidades privadas, a quenes o alcalde quixo recoñecer en particular "porque os tempos non son bos".

En horario de 11 a 21 horas -salvo o 26, que iníciase ás 16 horas-, os pavillóns 1 e 2 e o auditorio do recinto feiral acollerán actividades como o concurso de pintura "A Música no Nadal" para escolares de Primaria, o espectáculo "Un Nadal por Arte de Maxia" ás 18 horas, o Carteiro Real, inchables, karts, áres de ordenadores e videoconsolas, parques de educación viaria, obradoiros de manualidades ou un simulador de fórmula 1, entre outras.

O prezo de entrada será de 3 euros para os maiores de 14 anos e de 2 euros para os menores desta idade, sendo de balde o acceso para aqueles menores de 2 anos. Explicou o alcalde vigués que a recadación será destinada a asociacións de Vigo en defensa dos máis desfavorecidos.

Abel Caballero recordou que Vigolandia acolleu o pasado ano a 21.000 persoas, cifra que para este 2011 agarda superar chegando ata os 23.000 ou incluso os 25.000 asistentes. O alcalde eloxiou a función de "espectáculo e diversión" desta proposta familiar de Nadal, subliñando asemade a laboura solidaria que conleva, incluído o punto de recollida de xoguetes habilitado no IFEVI, que serán xestionados pola Asociación Vida Digna.
Descargar todas as imaxes